quinta-feira, 24 de janeiro de 2008

CONVOCATORIA ASEMBLEA

Sección de Crítica Literaria da AELG, Comisión Xestora

Convócase a Asemblea da Sección de Crítica Literaria da AELG que se celebrará o sábado 16 de febreiro no salón de actos do Museo do Pobo Galego (Santiago de Compostela) ás 10 da mañá en primeira convocatoria e ás 10.30 en segunda coa seguinte orde do día:

1) Informe do ano 2007
2) Proxecto de actividades para o 2008
3) Rogos e preguntas.
4) Debate do fallo dos Premios da Literatura Galega (Poesía e Narrativa) para comunicar á Asociación Española de Crítica Literaria

Dada a máxima importancia dos asuntos que se van tratar e das decisións que se adoptarán, rogamos a asistencia de todos aqueles que seguen comprometidos coa Crítica Literaria Galega.



Un saúdo cordial da Comisión Xestora

Xosé Manuel Eyré, María Xesús Nogueira, Olivia Rodríguez González

terça-feira, 22 de janeiro de 2008

A CRÍTICA GALEGA

Un dos obxectivos das manifestacións públicas dun señor que pertence á Real Academia Galega como é X.L. Franco Grande vén sendo o de teimar na idea da inexistencia da crítica literaria á que se lle acusa de emitir xuízos delirantes e de falta de honradez intelectual.

Na súa opinión a crítica literaria galega debería contar cos atributos de ser orientativa e non pedante, no caso de que ela existise, pois a súa mesma existencia é posta en dúbida. O sr. Franco Grande, daquela, non infravalora senón que denigra, invisibiliza e despreza o traballo de interpretación crítico e valorativo daqueles que a exercemos, con maior ou peor fortuna, e sempre coa máxima honradez intelectual.

Mais non queda aquí a cousa: como consecuencia esvae dun plumazo unha tradición na que, os que nos dedicamos a isto, optamos por estar situados: aquela que bebe dos homes de Nós, que resistiu nos tempos do franquismo e que nos precede neste últimos vinte e cinco anos, xustamente aquela que pretende visibilizar o libro galego, orientar e informar. Teño para min que estas afirmacións públicas non lle fan favor ningún nin á nosa cultura nin á nosa literatura, algo que un señor académico ben debería saber e respectar, aínda que só fose polo posto que ocupa.

Asinan este documento

*Ramón Nicolás

*Comisión Xestora da Sección de Crítica da AELG

sexta-feira, 18 de janeiro de 2008

velaquí estamos